Unha das cancións máis importantes da nosa música e que nos representa como pobo. Letra de E. Pondal, música de P. Veiga, estreado na Habana en 1910.
(O audio é da manifestación pola República Galega en Vigo en xuño de 2014)
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan (clan),
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos (férridos) e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
1 view
279
67
7 months ago 01:34:09 1
Concierto Unidad de Música de la Guardia Civil y Banda de la Escuela Municipal de Logroño
7 months ago 00:03:51 1
El Polen - Orgullo Aymara
7 months ago 00:03:53 1
El himno de Rusia traducido al español (con subtítulos) / Russian anthem