Florencio - Caamaño&Ameixeiras

Primero single de Aire! que podedes mercar en: “Florencio é unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raíces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico. A todos aqueles que cultivaron e coidaron as sementes que fixeron agromar o patrimonio que hoxe atesouramos. O título fai referencia a unha desas figuras imprescindibles, O cego dos Vilares, creador e transmisor de músicas e historias populares que facía nacer do seu violín e da súa gorxa, e que espallaba despois polas aldeas e montañas da Fonsagrada. Florencio é un tema a dúo gravado en riguroso directo, espido e sen maquillaxe. Simple e sincero como a semente da que nace. Tocado coas entrañas e bailado coas mans. Poderoso e explosivo. Ei van unhas xotas… Aire!“ Este vídeo non sería posible sen Mari Luz Santos, Olaia Tubío, Alejandro Gándara, Sinda Cundíns, Xosé Ameixeiras, Eloy Costa, Xosé María Varela, Gutier Álvarez, Ramón do Serrador, Apel·les Carod e Lucía Estévez. Agradecidas a todas as participantes: Sara, Pilar, Esther, María, Manuela, Susana, Sonia, Evangelina, Cristina, Pepe, Delores, Manuel, Perfecta, Teresa e Basilisa. Dirección : Antía Ameixeiras Gravación : Olaia Tubío e Antía Ameixeiras Montaxe: Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras Corrección de cor: Leticia T. Blanco Florencio, peza pertencente ao disco Aire! (2021) Trad. Repertorio de Florencio, o Cego dos Vilares Arranxo : Caamaño&Ameixeiras Produción: Diego Galaz “Florencio“ Caamaño&Ameixeiras © & ℗ Microscopi 2021 ISRC: ES56X2100033
Back to Top