TENUE - Inquietude

Inquietude | Tenue | ARCOS BÓVEDAS PÓRTICOS | AUGUST 1ST Grabado, mezclado e masterizado por Iván Ferro en Kollapse Studios en Abril de 2024. Film DIY realizado e editado por Miguel Braga Rodrigues & Tenue no día 8 de Xuño de 2024 sen ningún tipo de coñecemento en materia audiovisual. Actores protagonistas: Felipe Castrexo e Blanquito Castrexo. Lyrics: Son un ecosistema roto dende fóra, un monumento privado de poder; unha mirada murcha atravesando o espello cara contornos de monte raso. Un páramo descarnado. Quen pode salvarse alí dunha estampida do ego? Afiei o coitelo nas miñas enxivas e agora estoumo cravando. Cada vez máis fondo. Cada vez máis dentro. Sentindo desprezo polo meu refuxio primario. Quen pode salvarse se cada minuto de soidade encerra unha choiva de golpes, unha fervenza de bágoas, o berro de mil monos nunha noite sen lúa? Son un monólito carente de potencia, desafecto de paixóns, corrompido ata o núcleo. Cinco dedos, unha cara, e unha boca chea de mentiras. Un espírito fráxil enfrontando ao absoluto. Rezade unha oración polo círculo interno: un vórtice na era da nada onde desgarrar a carne para atopar resonancias, nunha festa de corvos e insectos luminosos. Chagas nas mans, cáliz dun corpo vello. Queda un iris negro repleto de urxencia, poros erizados fronte ao fío do tempo. Ao respirar mastigo po e hai unha separación dolorosa entre nós e o mundo.
Back to Top