Alborada Jazz. Rosalia de Castro

Rosalia em clave de Jazz. Rosalia 21 “ ’RosalíaXXI’, un álbum no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta. As notas do Abe Rábade Quartet e as voces de Guadi Galego e Anxo Angueira traen os poemas de Rosalía ao século XXI. Un sopro de aire fresco, que pon de manifesto a atemporalidade da obra da poeta, a súa modernidade, o seu carácter revolucionariamente contemporáneo, reivindicando os seus textos máis inxustamente esquencidos. As melodías naceron en conversas de madrugada entre Abe Rábade e o finado Carlos Asorey no compostelán Dado Dadá, e nelas tamén participan Jesús Santandreu (saxo tenor), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). O disco, editado nun coidado digipack, foi presentado o pasado 18 de febreiro no Teatro Mella de La Habana, cun convidado de excepción: o cubano Pablo Milanés. RosaliaXXI preséntase unha das apos
Back to Top